Introdución
O xénero lírico, profano e non profano, durante a Idade Media
viviu un pleno esplendor en Galicia. Por isto, imos coñecer a cantiga de amigo
e intentar averiguar que había detrás destas composicións: ¿quen as
escribía? ¿quen era a figura do “amigo”? ¿como aparece representada a
sensualidade e o erotismo? ¿como sonaban? e moitas outras cousas que irás
descubrindo pouco a pouco.
Prepárate para viaxar ao medievo e para descubrir un mundo fascinante
que terás que transmitir aos tus compañeiros!
Tarefa
A tarefa que ides
abordar é a realización dunha exposición oral para presentar na clase ante
os compañeiros sobre as cantigas da amigo da lírica profana do
galego(-portugués) medieval. Debedes
apoiar a vosa exposición coa axuda dunhas diapositivas en Power Point.
Proceso
Para o desenvolvemento da webquest, deberedes seguir as seguintes
indicacións:
·
1º Inicialmente formaredes parellas segundo a organización dada
pola profesora e cada unha delas disporá dun ordenador.
·
2º Todos visualizaredes, para coñecer un pouco o tema
sobre o que van traballar, o vídeo do programa Alalá titulado “As
cores do Atlántico” emitido pola CRTVG e responderedes por parellas
as seguintes preguntas:
1.
Que son as cantigas de amor?
2.
Que papel ten nelas a voz “amigo”?
3.
Que temática presentan?
4.
De onde proceden?
5.
Como se actualemente a súa notació musical?
·
3º Cada parella buscará información relativa a: a) O
contexto histórico, b) A cantiga de amigo (en xeral), c) A lingua medieval
e o seu uso, d) A transmisión textual e e) As cantigas musicadas utilizando
os recursos que se recollen na WebQuest.
·
4º Logo de seleccionada a información, ides facer 3
equipos (A, B e C) integrado por dúas parellas e elaboraredes unha
exposición oral para que un representante de cada equipo expoña ante os
seus compañeiros. Para facilitar o traballo podedes apoiarvos no modelo de
diapositiva proposto pola profesora e podedes engadir música e imaxes. Na
exposición oral tedes que tocar os puntos a), b), c), d) e e).
·
5º Cada equipo (A, B e C) realizará a súa exposición
e, finalmente, realizarase un debate sobre os temas propostos (enfoques,
orixinalidade, claridade expositiva, etc.)
Avaliación
Para a avaliación
teranse en conta os seguintes criterios:
|
Escasa consolidación
1
|
Aprendizaxe medio
2
|
Bo aprendizaxe
3
|
Excelencia no
aprendizaxe
4
|
Notación
numérica
|
Organización e traballo en equipo
|
Cada
membro do equipo realiza as súas tarefas de xeito individual
|
Hai
pouca colaboración entre os membros do equipo
|
Colaboración dos membros sen
grandes problemas
|
Magnífica colaboración entre todos
os membros
|
2
|
Busca, utilización e manexo da información
|
Algúns temas non se buscaron ou
fíxose mal a busca
|
Tratáronse todos os temas pero hai
erros na comprensión e manexo da información
|
Tratáronse todos os temas pero a
exposición foi literal sen achegas personais
|
Tratáronse todos os temas con
valoracións que o enriquecen
|
2
|
Presentación do contido do traballo final
|
Moitos erros na presentación da
información: adecuación, cohesión, rexistro, gramática, ortografía, etc.
|
Presentación con algunhas incorreccións
na comprensión e redacción
|
Presentación adecuada e con poucos
erros
|
Presentación sen erros, redactada
con claridade e ben organizada
|
3
|
Exposición oral (nota para todo el grupo)
|
Exposición inadecuada,
desorganizada e pouco clara
|
Exposición con algunas
incorreccións
|
Exposición bastante clara pero un poco
desorganizada
|
Exposición clara, concisa, adecuada
e organizada
|
1,5
|
Dinámica de interacción e resolución de conflictos
|
Agrupación inadecuada e pouca
predisposición á solución de discrepancias
|
Agrupación irregular e resolución
de problemas con pouca habilidade
|
Agrupación bastante boa pero pouca
claridade na resolución dos problemas
|
Agrupación correcta e boa
predisposición na resolución das discrepancias
|
1,5
|
Recursos
A información
que precisaredes para desenvolver o traballo podédela atopar nos sitios de
Internet que aparecen a continuación organizados por temática:
a) A cantiga de amigo (xeral) e o contexto histórico:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Cantiga_de_amigo
http://www.letrasgalegas.org/bib_autor/Codax/
http://www.scribd.com/doc/28902019/Cantigas-de-Amigo-na-Lirica-Galaico-Portuguesa-Medieval
http://www.coresdoatlantico.com/
http://cadernodelingua.wordpress.com/2008/01/17/cantigas-de-hoxe/
http://www.crtvg.es/reproductor/inicio.asp?
canal=tele&hora=21/10/2010
21:59:18&fecha=19/10/2010&arquivo=1&programa=
ALAL%C1&id_programa=7
&corte=&mp4=0&medio=
b) A música medieval:
http://www.youtube.com/watch?v=j1WVBSuickY&feature=related
http://www.fitzmuseum.cam.ac.uk/pharos/images/swf/
c) A transmisión textual:
http://www.fitzmuseum.cam.ac.uk/pharos/images/swf/
manuscript/manuscript_5a.html
d) Lingua medieval e textos:
http://www.google.es/search?hl=gl&source=hp&q=cantigas+de+
amigo&rlz=1W1GGLL_en
-http://www.letrasgalegas.org/bib_autor/Codax/
http://www.scribd.com/doc/28902019/Cantigas-de-Amigo-na-Lirica-Galaico-Portuguesa-Medieval
http://www.cirp.es/pls/bdo2/f?p=MEDDB2
Conclusión
Ao finalizar este traballo saberedes un pouco máis sobre a cantiga de
amigo, de orixe autóctona e cuxas características a fan peculiar fronte ás
composicións de amor e de escarnio e maldicir. Tamén dominaredes a técnica de elaboración
dunha exposición e seredes capaces de debater sobre a mellor e peor maneira
de transmitir información ante un auditorio.
Créditos
Para a elaboración desta WebQuest consultamos as seguintes fontes:
● Para as ilustracións das cantigas medievais: http://www.moleiro.com/es/agotados/cantigas-de-amigo-agotado.html
● Para a visualización do vídeo do programa Alalá titulado “As cores do Atlántico”: http://www.crtvg.es/reproductor/inicio.asp?
canal=tele&hora=21/10/2010
21:59:18&fecha=19/10/2010&arquivo=1&programa=ALAL%C1&id_programa=7&corte=&mp4=0&medio=
|